DO FAIADO DE NIN AO…

Faiado Creativo

Hai 10 anos naceu O Faiado de Nin, obradoiros creativos dirixidos sobre todo a público infantil en diferentes concellos, bibliotecas, centros sociais… co tempo e grazas a moi boas colaboracións de diferentes profesionais, O Faiado de Nin foi crecendo e diversificando as súas propostas tanto para público adulto como familiar.

Foi así como xurdiu Faiado Creativo, onde deseñamos proxectos de carácter artístico e cultural orientados a aprender dunha maneira lúdica e para todas as idades, abarcando diversos campos como as artes plásticas, a reciclaxe creativa, a animación á lectura, a costura e transformación téxtil, así como diversos programas de concienciación medioambiental buscando ademais a visibilización do traballo e a historia das mulleres, e a ensinar e aprender en Igualdade.

Faiado Creativo

Clientes satisfeitos

Faiado Creativo

Que buscamos cos nosos obradoiros, eventos e actividades en Faiado Creativo

01

fomentar a creatividade

É crucial fomentar a creatividade non só entre a cativada debido aos innumerables beneficios que trae para o desenvolvemento cognitivo, emocional e socia de calquera persoa e calquera idade.

02

animar á lectura

A lectura non só amplía o vocabulario e a comprensión, senón que tamén estimula a imaxinación e a creatividade e resulta clave para desenvolver o pensamento crítico.

03

concienciar sobre o medio ambiente

É fundamental concienciar sobre o medio ambiente desde as idades máis temperás, fomentando hábitos sostibles e traballando en prol dunha cidadanía responsable e con conciencia ecolóxica

04

promover a igualdade

Educar en igualdade axuda a previr o acoso, a violencia de xénero e os estereotipos, fomentando o respecto, a empatía e a cooperación.

05

desenvolver novas habilidades

Desenvolver novas habilidades é clave para para vivir con plenitude e fortalecer as persoas no seu ámbito persoal, social e profesional.

06

TRABALLAR EN COMUNIDADE

As dinámicas de traballo en equipo axudan a aprender a escoitar, a coñecer perspectivas diversas e construír hábitos útiles para calquera ámbito das nosas vidas.

Descubre máis sobre os nosos servizos

""

Os nosos últimos proxectos

Algunhas cousas que din sobre nós

“Levo xa dous anos levando aos meus fillos aos obradoiros de Faiado Creativo e só podo dicir que son un auténtico soplo de aire fresco. Cada sesión está chea de ideas incribles: desde contacontos cheos de maxia ata marionetas que cobran vida nas súas mans. E o mellor de todo, veño eu feliz de recoller aos nenos, porque aprenden a reciclar, a crear e a respectar á compaña… sen darse nin conta. ¡Recomendabilísimos!”
Ana P. (Mamá e Docente)
“Nunca pensei que deseñar a miña propia bolsa sería tan divertido! No obradoiro de decoración aprenderonme técnicas de serigrafía, collage e pintura cun entusiasmo que tiña esquecido. Os profes teñen tanta enerxía, que das súas mans parecía xurdiren ideas como se fosen conxuros. E se o teu marcador non pinta ben, sempre teñen un truco gardado na manga. 😉”
Xoan M. (Funcionario)
“Colaborar con Faiado Creativo na actividade de ‘Igualdade en Acción’ foi todo un éxito: con dinámicas, xogos e debates encadeaban momentazos de reflexión e risas. O espazo está pensado para todos, e o sostén naranja do logo virouse símbolo de inclusión. Os rapaces saían empoderados, coa seguridade de que as súas voces importan. Adoro que aquí as boas ideas non só se contan… créanse xuntos.”
Raquel S. (Coordinadora Igualdade)